miércoles, 17 de mayo de 2017

Lembranzas.

Pechar os ollos e verte sorrindo,
abrilos e decantarse de que xa non estás,
as noites son mais noites sen non alumeas,
e os días menos días cando te vas. 

As tardes, aburridas coma sempre,
e os menceres, rechouchios no vendaval,
presaxiando unha noite sen lúa,
bailando baixo a estela estival. 

Bebendo para non olvidar,
e olvidando ao mesmo tempo,
e o tempo xoga ás cartas,
non sei como, sempre perdo.

Fiquei derrotada na area,
escoitei o solpor dunha gaita,
loitei contra a forza da auga,
e aquí estou, abrindo a marea.

e aquí estou, mantendo a calma,
mais non hai calma que me calme,
e non hai alma que se ateña,
todo o mundo fala e sabe.

Todo o mundo, agás eu. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario